Adiante

Claudia Castro

As campás da miña aldea
chaman polas follas novas.

Tocan vida,
e cantan luz.

Queren nenos,
queren nenas
que esfollen o millo,
que tezan poemas,
que amasen os versos
e apañen as verzas.
Que escoiten os vellos
e as súas sabias lerias
con contos do pasado,
coa voz da experiencia.

As campás da miña idea
falan palabras ben certas
para quen saiba atopar
a poesía na aldea.