30 Xan A terra do rural
Sofi Bermúdez
A terra do rural sempre latexou vida en todas as súas vertentes.
O cantar dos grilos
O verdor dos montes
O marmurio das olas do mar
O petricor na alborada
Mais sempre houbo en nós un alma labrega que sementaba, entre cantigas e humildade, as mellores verbas do país. Os nenos vían como aquelas sementes medraban sen cesar entre a poalla e o sol, apalpábanas con delicadeza e cando xa estaban maduras as recollían e saboreaban sen presas, xa que na aldea o reloxo non é quen de ditar as horas. A educación na natureza é a única que se debería contemplar, xa que sen ela, non seriamos nada, e sen mestres labregos que marquen o inicio dos regos, tampouco.
O verde resplandecente dos campos, xunto co cheiro inesquecible dun ar limpo e puro, ven dado de si, e esta é a autentica maxia, todo é de balde se sabes coidalo e dende ben pequeno che ensinan a respectar e amar o que a natureza che regala, todo é perfecto se sabemos aceptar a diversidade dun mundo diverxente. E non, que ninguén te engane, non precisamos de motores candentes de fume, senón unha simple bicicleta como medio de transporte, recorda que a vida é lenta, e a nós non nos gusta que nos rouben un tempo que é noso.