II Concurso Audiovisual ANPAS Galegas - somos rural 2024 recurso 01

Obxectivos do Concurso

Convocamos o II CONCURSO AUDIOVISUAL ANPAS GALEGAS – SOMOS RURAL coa intención de seguir contribuíndo a que os centros escolares mostredes toda a riqueza que ten o noso rural e sigamos poñéndoo en valor entre todas e sobre todo entre o alumnado galego.

O eixo central do concurso será a realización dun vídeo de entre 1 e 3 minutos de duración (de 60 a 180 seg.), que se entregará acompañado dun mínimo de 8 e un máximo de 10 fotografías de temática relacionada, así coma dun cartaz promocional e unha memoria explicativa.

O proxecto versará sobre calquera aspecto do patrimonio material ou inmaterial rural galego que a equipa participante desexe valorar, preservar e difundir. Non é intención deste concurso converterse nunha plataforma de denuncia das necesidades ou abandonos aos que sabemos que está exposto o rural galego. Máis ben ao contrario, pretendemos proxectos en positivo, que poñan na palestra o que temos que ofrecer e compartir, e aquilo que cómpre redescubrir e poñer en coñecemento da cidadanía galega. Trátase de poñer en valor o noso patrimonio.

concurso audiovisual somos rural anpas galegas follas carballo
concurso audiovisual somos rural anpas galegas estrada nubes

Quen pode participar?

Este concurso está dirixido a equipas de alumnado de centros educativos de ensino público das etapas de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP básica ou FP de grao medio de Galicia, conducidas por unha persoa docente responsable do proxecto. Admitiranse tamén as obras realizadas polo alumnado das escolas municipais e conservatorios profesionais de música públicos, sempre que este alumnado estea tamén cursando estudos nas etapas de primaria, secundaria, FP básica ou FP de grao medio ou bacharelato en centros de ensino galegos.

Por tanto, pode participar calquera centro educativo de ensino público de Galicia, tanto de contornas rurais coma urbanas, que queira presumir do rural galego.

Presentación de proxectos

Para participar cada equipa deberá cubrir un formulario de preinscrición, e unha vez confirmada a súa participación, disporá ata o 30 de marzo de 2024 para a presentación de todos os elementos do proxecto, que son:

  • Un vídeo de entre 60 e 180 segundos, cunha resolución mínima de 1280 × 720, en formato MP4 e un peso máximo de 250MB.
  • Entre 8 e 10 fotografías en formato JPEG ou PNG, tamaño 20×25 cm e resolución 300 ppp.
  • Un cartel promocional, en formato PDF e tamaño DIN-A4, cunha resolución de 300 ppp. Nese cartel deberá figurar claramente o logotipo de Anpas Galegas e a información do concurso no que se participa.
  • Unha memoria explicativa do mesmo, dunha extensión de entre unha e tres páxinas A4, tamaño 12 de letra Times New Roman, interliñado 1,15.
  • Cada proxecto levará un título que o identifique, así coma o nome do centro participante.
  • Facilitarase información da persoa de contacto encargada de dirixir o proxecto, xunto cunha denominación xenérica do alumnado que participe, “clase de x curso”, “alumnado do CPI…”, etc.
  • En todas as súas partes, o proxecto debe utilizar exclusivamente a lingua galega e manexar unha linguaxe non sexista.
Participa no II Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas – Somos Rural”