colaboración 23 - Xente que vén de lonxe_roble

Xente que vén de lonxe

Nuria Otero.

Son a que ven de lonxe,
coa memoria nova e as raíces apenas estrenadas,
son a que non é de ninguén,
porque ninguén é quen de reclamarme.
Mais mergullo as mans na terra
para sementar árbores, fillos e fillas, e deixo ós ollos recoñecer os verdes
coma se foran meus dende sempre,
coma se tivera dereito,
e busco a forma de que todo permaneza,
de que a retina e a punta dos dedos
guarden e conserven
cada curva, cada cor, cada sorriso antigo,
cada palabra que xa non dicimos.