Somos do Rural

Ana Vila Portomeñe, poeta labrega (Taboada, Lugo)

Viva o rural,
sen dubidar,
o noso monte e o noso mar.
Somos do rural
do rural galego,

onde a natureza
non amosa medo.
Somos de aldeas
do monte e do mar,
con toda sinxeleza
da alma no ollar.
Somos do rural
do rural galego,
onde a grandeza
deixa respirar.
Somos das aldeas
do monte e do mar,
por esa certeza
que fai latexar.
Somos do rural
do rural galego,
onde a natureza
fai fogar moi ledo.
O noso monte e o noso mar,
sen dubidar,
viva o rural.

Tipo: 
Colaboración