Proxecto 01: “Descubrindo Curtis”

  • Título: “Descubrindo Curtis”
  • Centro: IES de CURTIS
  • Curso : ESO 3º A
  • Persoa de Contacto: Xosé Isidro Doporto Santos

Memoria

1. Antecedentes

Tendo coñecemento no IES de Curtis da proposta promovida pola Confederación de ANPAS Galegas relativa ao presente concurso “Somos Rural”; dende o Departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual se considerou que dita proposta encaixa perfectamente co curriculo educativo de 3º ESO na materia de Educación Plástica no que se refire ao coñecemento do video e deseño gráfico pero tamén nos aspectos relativos ao Plan Proxecta + que desenvolvemos co título de “cós pés na terra”, proxecto que pretende coñecer a Historia da Arte e o Deseño Plástico dende o máis cercano aos alumn@s (as manifestacións artísticas e culturais do seu concello e bisbarra).

2. Proposta ao alumnado

No IES de Curtis existen no Curso 22-23 tres grupos de aula en 3 ESO. Propúxoselles crear 2 grupos (pois 3ºC e 3ºB reciben docencia conxunto e formalmente forman un so grupo docente) de xeito que cada equipo debería de realizar as seguintes tarefas:

  • Consulta sobre a Confederación de Anpas Galegas
  • Lectura e análise das bases do Concurso “Somos rural”
  • Elección por votación de Protagonista Video
  • Elección por votación de proposta tema video
  • Nomeamento Director e responsable grabación e fotografía.
  • Elección por votación título do proxecto
  • Nomeamento 3 persoas realización cartaz
  • Eleccións de 8-10 fotografías realizadas de xeito individual por todos os membros do equipo

NOTA: En relación á temática de cada grupo sopesouse, por parte do equipo docente, a realización de videos que requerisen grabación externa ao ámbito do centro escolar. Esta cuestión foi rexeitada pola dificultade de saídas, en horario escolar, a distintos puntos do Concello por alumnado menor de idade.

NOTA: Aos equipos informóuselles da posibilidade de non presentar o proxecto resultante ao Concurso no caso de non considerar, a ollos do profesorado da materia, que ditos proxectos non cumpriran algúns dos estandares legais solicitados.

3.- Proposta xeral temática do alumnado.

O grupo B elixeu unha temática relacionada coa posta en valor das vantaxes do Concello de Curtis como lugar de residencia. Un lugar de forte tradición rural centro xeográfico da Galicia Norte e que posee equipamentos e infraestructuras de alta calidade que á súa vez respeta e potencia a súa forte tradición agrogandeira. Noutras palabras, unha bisbarra rural que demanda standares de vida da maior calidade. Este grupo A, en cambio, desmarcouse do anterior pois decidiron que o humor fose a liña predominante na posta en coñecemento de aspectos do rural tópicos e típicos para moitos dos turistas urbanos que nos visitan.

A falta de presa nas tarefas, o nome dos lugareños, unha volta en tractor, o ruido… son aspectos do rural sacralizados polo turista urbano que, insitimos, son tratados con humor polo noso equipo.

4.- Proposta temática do alumnado EQUIPO A.

Este grupo de alumn@s realiza un vídeo onde se potencia a participación dunha soa actriz a cal mostra unhas altas dotes escénicas. Propúxose a realización dun vídeo con humor pero á vez que reflectise as vantaxe desta bisbarra e así xurdeu a historia que conxuga graciosamente sentimentalismo co choque que para un residente urbano pode representar o contacto co rural. Buscáronse diversas alternativas ata acadar o famoso video do grupo PANTOMINA FULL sobre o turismo rural. Sirveu este video así como base e referente para a realización para a entrevista.

O video foi grabado dentro do perímetro do IES pero agregando fotografías e textos de elaboración debatida polo alumnado. A súa montaxe realizouse no programa Canva.

Na nosa opinión o mellor do vídeo é a ambivalencia entre realidade e ficción humorística (con inclusión mesmo de referencias á RTVG) que o convirten nunha historia de dubidosa fantasía real. A pesar das limitación de horario (2 horas semanais de adicación na hora de educación plástica) a comprensión e o disfrute dos participantes foi máxima. Mesmo para a aportación humorística do cartaz (anuncio conferencia-coloquio) aproveitando un disfraz da nosa actriz realizado no antroido pasado. As 8 fotografias presentadas representan o primeiro contacto dun alumnado de 14-15 anos con esta Arte e manifesta as limitacións de medios e residencia do alumnado a pesar do obtemos alguns resultados dignos de mención.

So nos queda agradecer nestas liñas a excelente iniciativa da Confederación de Anpas Galegas. Iniciativas desta índole permiten que o alumnado descubra e coñeza o seu patrimonio material e inmaterial cunha posta en valor que permitelles sopesar o orgullo de vivir o rural descubrindo as suas carencias en bondades.

Cartaz

Prox03_cartaz_ Descubrindo Curtis_IConcursoAudiovisualANPASGalegas2023

Galería de imaxes

Video