Proxecto “Xixi-News”

  • Título: XiXi-News
  • Centro: CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei
  • Curso: Sexto de Educación Primaria.

Memoria

O CEIP Plurilingüe Mestre Rodriguez Xixirei sitúase nunha contorna rural galega, un espazo cunha identidade de seu, rico en patrimonio, oficios tradicionais e natureza. O proxecto “XiXi-News”, protagonizado polo alumnado de 6º de Educación Primaria, xorde da vontade de crear un produto xornalístico fresco e auténtico que sirva de fiestra á nosa realidade local.

A nosa motivación principal é triple: visibilizar a identidade rural desde unha perspectiva infantil, fomentar o orgullo de pertenza e o arraigamento entre a mocidade, e integrar a innovación educativa a través da linguaxe audiovisual.

Co apoio da AFA e a implicación da veciñanza, buscamos que os nenos e nenas se convertan en reporteiros do seu propio mundo, poñendo en valor os recursos da súa terra nun proceso de aprendizaxe colaborativo, lúdico e enraizado na comunidade.

Cartaz

Galería de imaxes

Video