Proxecto “Muíños”

  • Título: “Muíños”
  • Centro: CEIP Plurilingüe Os Casais
  • Curso: Terceio, Cuarto, Quinto e Sexto de Educación Primaria.

Memoria

Dando continuidade aos proxectos anteriores, nos que reivindicamos o patrimonio indiano, os lavadoiros e os hórreos, nesta edición escollemos os muíños, como elemento a protexer e restaurar.

Durante o século XVIII no entorno de Fene chegaron a funcionar á volta de cincuenta e tres muíños que abastecían as necesidades da comarca. Constitúen un dos elementos máis característicos do patrimonio histórico e industrial de Fene; presentes en varias das súas parroquias, estes enxeños reflicten a enxenaría popular e a estreita relación entre a comunidade e o medio. Utilizados tradicionalmente para a moa de cereais, os muíños, tanto de auga como de vento, desempeñaron un papel esencial na economía local e na subsistencia das familias ao longo dos séculos. Eran tamén espazos de encontro e socialización. Hoxe, algúns deles consérvanse como testemuñas valiosas da cultura do traballo e da transformación tecnolóxica que marcou o territorio. O seu estudo e preservación permiten comprender mellor as formas de vida tradicionais e a evolución das actividades industriais do noso concello, reforzando a importancia de valorizar e
protexer este patrimonio como parte integrante da identidade do mesmo.

Cartaz

Galería de imaxes

Video