O proxecto “Mare Sada” nace coa finalidade de achegar o alumnado ao coñecemento do seu entorno máis próximo a través do mar e das embarcacións tradicionais, elementos fundamentais na historia e na identidade do noso pobo mariñeiro. Sada é unha vila estreitamente vinculada ao mar, e comprender a súa evolución implica coñecer o papel que xogaron as embarcacións tradicionais na vida diaria das súas xentes.
Na actualidade, moitas destas embarcacións forman parte do patrimonio cultural galego, pero corren o risco de quedar afastadas das novas xeracións. Por este motivo, o proxecto pretende recuperar e divulgar este legado, permitindo que o alumnado comprenda que o mar non é só unha paisaxe, senón unha fonte de historia e identidade de Galicia.
A través dunha metodoloxía activa e participativa, o proxecto busca conectar escola e contorno, favorecendo unha aprendizaxe significativa baseada na observación, na reflexión e na experiencia.
