Proxecto “A vendima”

  • Título: “A vendima”
  • Centro: CEIP Josefa Alonso de Alonso
  • Curso: 1º Primaria, 2º Primaria

Memoria

O noso centro atópase na parroquia de Matamá. Aquí hai unha riqueza cultural moi interesante xa que se atopa unha parte do Camiño de Santiago que pasa preto do colexio con monumentos importantes como a Capela de San Amaro, a Igrexa de San Pedro de Matamá ou o Muíño da Regueira.

Posúe 5 de petróglifos da Idade de Bronce cuns 4000 anos de antigüidade. A nivel
de celebracións, é unha parroquia na que se festexan as tradicións con festas moi sonadas como “A recolleita” ou “A Sementeira” na que se realiza a recolleita do millo e a súa plantación como se facía antigamente, facendo partícipes a todos os veciños e veciñas.

A parroquia atópase nunha zona rural polo que moitas das casas dos arredores
contan con finca na que coidan e crían animais, cultivan hortalizas, verduras e árbores froiteiras, viñas…

Cartaz

Galería de imaxes

Video