Proxecto “Fíos de ferro, fíos de vida”

  • Título: Fíos de ferro, fíos de vida
  • Centro: CEIP Plurilingüe A Pontenova
  • Curso: Alumnado de todo o centro educativo

Memoria

O noso centro educativo sitúase no concello da Pontenova, un territorio rural da provincia de Lugo marcado pola presenza do río Eo, pola súa tradición mineira e pola riqueza natural das súas fragas e serras. Trátase dun entorno no que natureza, historia e comunidade forman parte da vida diaria do noso alumnado.

A motivación para desenvolver este proxecto naceu da necesidade de reivindicar o valor do noso rural, desmontando a idea de “que aburrimento! No rural non pasa nada!”. Pola contra, consideramos que aquí sucede todo o esencial: o coidado da terra, a transmisión da memoria, a convivencia entre xeracións e a construción dunha identidade propia. A través deste traballo quixemos poñer en valor a autenticidade das xentes da Pontenova e a unión entre o seu pasado mineiro e o seu presente vivo.

Cartaz

Galería de imaxes

Video