4ª edición

Un ano máis, dende ANPAS GALEGAS temos o pracer de presentar os proxectos participantes na IV edición do Concurso ANPAS GALEGAS – Somos Rural.

Cada nova edición deste concurso convértese nun espazo de encontro para ideas, creatividade e compromiso coa nosa contorna. Os proxectos que aquí se presentan son froito do traballo, da ilusión e da implicación das comunidades educativas que, a través das súas propostas, continúan poñendo en valor o rural galego.

Ao igual que nas edicións anteriores, cada iniciativa achega unha mirada única sobre o territorio, a cultura e a vida no rural, demostrando que o noso patrimonio material e inmaterial segue vivo grazas ás novas xeracións que o observan, o interpretan e o reivindican.

Dende ANPAS GALEGAS queremos agradecer a todas as equipas participantes o seu esforzo e dedicación. Cada proxecto presentado contribúe a reforzar a idea de que o rural non é só parte da nosa historia, senón tamén unha peza fundamental do noso futuro.

A vendima

Fíos de ferro, fíos de vida

Xixi-News

Muíños

MareSada

Avoíña dime ti

Terras con Historia