Entendemos que o único modo de que estas tradicións se manteñan vivas nos fogares galegos é vivíndoas, participando nelas. Neste sentido, na escola temos que garantir o acceso de todo o alumnado á nosa cultura achegando tanto o patrimonio material como o inmaterial ás crianzas.
Como fonte de inspiración partimos do PDI do centro deste ano que se titula “O herbario de San Xoán, cantos, contos e moito máis” no que profundizamos sobre o coñecemento das plantas (curativas, aromáticas e as da noite de San Xoán). Todo o percorrido foi acompañado dunha búsqueda incansable de refráns, coplas, lendas, cantigas…