Proxecto “Somos Primavera: Os Maios”

  • Título: “Somos Primavera: Os Maios”
  • Centro: CEIP Plurilingüe Portocabeiro
  • Curso: 6º Primaria

Memoria

A nosa escola sitúase na parroquia de Vilar de Infesta, concello de Redondela, nunha contorna rural preto do monte Vixiador. É unha escola pequena na que estudamos 130 nenos e nenas de infantil e primaria e onde,antes ca nós, estudaron aquí moitos dos nosos pais e nais.

A procedencia do alumnado son as parroquias de Redondela:Vilar, Cabeiro e Santo Estevo de Negros. En todas elas Os Maios vívense con auténtica paixón sendo a escola o lugar idóneo para expresar ese sentir popular.

Consideramos moi importante a implicación doalumnado na conservación das tradicións do patrimonio cultural galego, é o xeito de facer que estas perduren no tempo. Nós, o alumnado, somos o futuro, por iso debemos ser protagonistas das festas tradicionais, facendo así, que as nosas tradicións nunca cambien nin se perdan.

A participación de toda a comunidade educativa nesta celebración a convirte nunha xornada de convivencia e de disfrute onde maiores e pequenos comparten emocións e recordos.

Cartaz

16_somos primavera os maios_cartaz_III Concurso Somos Rural 2025_01_page-0001

Galería de imaxes

Video