Proxecto “ROMA NA RÚA”

  • Título: “Roma na rúa”
  • Centro: IES Cosme López Rodríguez
  • Curso: 3º ESO, FP GRAO MEDIO

Memoria

O noso instituto está situado na Rúa, unha localidade emprazada nunha terraza fluvial do Sil, na comarca de Valdeorras, no nordés ourensán, a uns cen quilómetros da capital da provincia. Aquí estudamos, ademais do alumnado procedente do colexio da vila, alumnado procedente dos concellos de Petín, Larouco, O Bolo e Vilamartín e, por suposto, todo aquel alumnado procedente doutros lugares do país e do resto do mundo que, por diversas razóns, veñen vivir e convivir connosco. Así, tanto pola nosa ubicación,como polas características da nosa contorna… nós tamén Somos rural!

Cando tivemos noticia de que se convocaba este concurso, pareceunos unha boa ocasión de poñer en valor unha pequena parte do noso patrimonio cultural, pouco difundido fóra da comarca, e tamén de poñer en práctica os nosos coñecementos de gravación e edición de vídeo, realizando unha fusión perfecta entre o alumnado do Ciclo medio de SMR e o alumnado de Latín de 1º de Bacharelato. Procuramos facer un traballo integrador, no que participamos un grupo de alumnado diverso, e facelo accesible a un público tamén diverso, polo que o adaptamos á linguaxe de signos, grazas á valiosa colaboración dunha antiga alumna do centro que o fixo posible.

Cartaz

08_Roma na Rúa_cartel_III Concurso Somos Rural 2025

Galería de imaxes

Video