O centro educativo sitúase nun entorno privilexiado, rodeado de espazos que favorecen a aprendizaxe, a convivencia e a conexión coa comunidade. Este ambiente ofrece a oportunidade de conectar o coñecemento teórico coa realidade cotiá, creando experiencias de aprendizaxe significativas que transcenden a aula.
As motivacións para levar a cabo un proxecto COMO MAIORES CON CLASE nacen da necesidade de preparar ao alumnado para os retos do futuro sen perder a esencia e o peso do valor do rural e do patrimonio próximo. Este tipo de proxectos como o que presentamos buscan potenciar habilidades como o traballo en equipo, a resolución de problemas, o pensamento crítico e a empatía, competencias imprescindibles na sociedade actual. Así mesmo, búscase espertar o interese e a paixón pola exploración e a aprendizaxe, proporcionando ferramentas que lles permitan ser axentes de cambio no seu contorno. Ademais, levar a cabo proxectos que trasladan a aprendizaxe fóra das aulas ao medio natural non só axuda a conectar o noso alumnado coa natureza senón que permite que o centro siga evolucionando como un espazo dinámico e adaptado ás necesidades da súa comunidade educativa.