O CPI de Cervantes é un centro pequeniño situado na comarca dos Ancares. Acoden diariamente 28 alumnos de 3 a 16 anos dende as numerosas aldeas que conforman o Concello e dende a capitalidade do mesmo, San Román.
Como é común nos Concellos da Montaña, hai unha gran dispersión e as distancias multiplícanse debido ás angostas estradas que unen os pequenos núcleos de poboación e que acollen a un cada vez menor número de persoas que basean o seu sustento no sector primario. O illamento é unha das causas polas que aínda podemos atopar nesta zona características propias no carácter das súas xentes, no xeito de celebrar, de tocar, de cantar ou de bailar, expresións nas que atopamos influencias leonesas, galegas e asturianas, pola súa cercanía a estes territorios.
A transmisión oral entre as distintas xeracións foi e é fundamental para conservar esta idiosincrasia, transmisión que se produce de xeito natural nas polavilas (xuntanzas da veciñanza na que se divertían tocando, cantando e bailando).