Proxecto “Coñece a Costa da Morte xogando”

  • Título: “Coñece a Costa da Morte xogando”
  • Centro: IES Maximino Romero de Lema
  • Curso: 3º ESO, 4º ESO, FP GRAO MEDIO

Memoria

O noso centro educativo, situado en Baio-Zas, sempre amosou un grande interese por promover o coñecemento e a valorización do patrimonio, de feito este curso estamos a traballar nun proxecto europeo para dar a coñecer o patrimonio inmaterial da nosa contorna. No pasado, o centro xa estivo involucrado noutros proxectos europeos que acadaron éxito como foi “Europa de repente”, que tivo como obxecto principal a difusión da tradición oral e o patrimonio inmaterial de Galicia, en concreto da Regueifa.

Queremos aportar o noso grao de area a un ano no que Galicia lle concede importante relevancia á tradición oral na Costa da Morte, xa que o Día das Letras Galegas de 2025 homenaxeará ás ‘cantareiras’ e á poesía popular oral, tendo como epicentro o lugar de Mens en Malpica de Bergantiños.

A motivación principal para este proxecto xurdiu da vontade de involucrar ao alumnado de maneira activa e innovadora no descubrimento da riqueza cultural, histórica e natural que nos rodea. Queremos que o alumnado sexa o protagonista na difusión do noso legado, utilizando ferramentas tecnolóxicas actuais, contando coa participación de toda comunidade educativa: familias, profesorado, persoal non docente e colectivos sociais e culturais da nosa zona.

Cartaz

15_coñece a costa da morte xogando_cartaz_III Concurso Somos Rural 2025

Galería de imaxes

Video