Proxecto “A porta do Monte do Gozo”

  • Título: “A porta do Monte do Gozo”
  • Centro: CEIP Mestre Rodriguez Xixirei
  • Curso: 6º Primaria

Memoria

Lavacolla é un dos puntos máis emblemáticos de Santiago xa que para os  peregrinos supón os últimos pasos a percorrer antes de entrar na cidade compostelán.

Aínda que é unha localidade pequena, menos de douscentos habitantes, destaca por contar con algúns puntos de interese como por exemplo, a parroquia de San Pelaio de Sabugueira.

A Igrexa de estilo clasicista, ano 1840, de planta rectangular, conta cunha bufarda semicircular. A poucos metros da parroquia de San Pelaio de Sabugueira hai un cruceiro cun Cristo Sedente. A só 100 metros houbo un campo de concentración de presos da Guerra Civil Española, que eran ó mesmo tempo a man de obra para a construción do aeroporto de Santiago.

O Pazo de San Xordo, exemplo da arquitectura señorial do século XVIII, foi  construído por Gregorio Ambros en 1801 para ser unha fábrica de curtidos, e que no 1811 foi comprado por Francisco Rodríguez Abella. Cos beneficios construíu a nova iglesia de San Paio de Sabugueira.

Xa o Códice Calixtino fala sobre o lugar onde os peregrinos lavábanse antes de seguir cara a Santiago.

Cartaz

09_A porta do Monte do Gozo_Cartaz_III Concurso Somos Rural 2025

Galería de imaxes

Video