O noso centro atópase na parroquia de Matamá. Aquí hai unha riqueza cultural moi interesante xa que se atopa unha parte do Camiño de Santiago que pasa preto do colexio con monumentos importantes como a Capela de San Amaro, a Igrexa de San Pedro de Matamá ou o Muíño da Regueira.
Posúe 5 de petróglifos da Idade de Bronce cuns 4000 anos de antigüidade. A nivel
de celebracións, é unha parroquia na que se festexan as tradicións con festas moi sonadas como “A recolleita” ou “A Sementeira” na que se realiza a recolleita do millo e a súa plantación como se facía antigamente, facendo partícipes a todos os veciños e veciñas.
A parroquia conta con dous muíños de auga restaurados, un deles o famoso “Muíño da Regueira” do século XIX, e o Muíño da Tomadiña do Cercedo do 1.564. O muíño pertencía a 32 familias que repartían o seu uso en quendas que era o tempo que dispoñía cada propietario para moer. Durante a época da Guerra Civil española, deixouse de usar xa que era lugar de acubillo da xente que fuxía por mor da guerra.