O noso Concello está situado no sueste da provincia de Ourense, nas fronteirizas comarcas de Verín e Conso Frieiras, nunha zona de montaña de superficies onduladas e enmarcada por pequenas e preciosas depresións fluviais.
Abundan os bosques caducifolios de freixos, carballos, bidueiros, e sobre todo soutos de castiñeiros que forman un importante atractivo para o municipio, no outono fan deste recuncho da xeografía galega un espectáculo de cores digno de ver.
Dispomos dunha gran riqueza en patrimonio natural e asemade cultural. Malia que a súa extensión de terreo é bastante grande, contamos cunha poboación moi pequena pero chea de grandes persoas.
Co nome deste proxecto “un tesouro entre picos” inspirámonos na castaña dentro do ourizo, un produto típico moi coñecido e valorado na nosa zona, o mesmo tempo tamén fai referencia a situación xeográfica do noso entorno, o cal se encontra rodeado entre os pequenos picos das montañas.