“O Mar”, compañeiro dos habitantes de Chapela en moitos ámbitos da súa vida. Na pesca que, dende fai moitos anos, gran parte das familias da parroquia dedicábanse a vivir do que lles ofrecía o mar, onde as mulleres da época restauraban as redes e aparellos dos pescadores e os homes embarcábanse en canto amencía para poder obter o mellor pescado da Ría.
No marisqueo, herdado por familias de xeración en xeración, acudindo á Praia de
Arealonga, delimitada polo Río Maceiras e o Río Pugariños, fronteirizo co Municipio de Vigo, para colleitar as súas famosas ameixas e berberechos. Tamén destaca o marisqueo de costa, onde os barcos bateeiros atracados no porto de Penedos, a uns 100 metros do CEIP de Laredo, diríxense cada madrugada ás bateas para recoller os mexillóns e manter as súas bateas en bo estado para seguir cultivando os mellores moluscos, protagonistas dunha das festas populares gastronómicas máis importantes de Chapela, “A Festa do Mexillón”.