O proxecto implica a toda comunidade educativa: alumnado da educación secundaria obrigatoria, formación profesional e primaria. Participa profesorado de distintos departamentos, pais, nais, avós e avoas, irmáns do alumnado e persoal non docente do centro.
Quixemos espertar o espírito investigador do noso alumnado, que recuperou e colectou lendas, contos, refráns e outros elementos da tradición oral da zona, patrimonio inmaterial das comarcas de Bergantiños e Soneira.