Proxecto “Lumepan”

  • Título: “Lumepan.”
  • Centro: IES DE BRION
  • Curso: 4º ESO
  • Persoa de Contacto: Beatriz García Ron

Memoria

O Lumepán é unha celebración precristiá para a bendición das colleitas co fin de que fosen prósperas e de afastar delas as enfermidades e a saraiba, frecuente nas datas nas que ten lugar: na noite do 30 de abril, aproximadamente. O seu nome ten orixe no feito de que nela se ilumina con lume o que da terra se extrae: os alimentos, ou pan.

Esta festa, practicamente desaparecida, xira ao redor da fertilidade da terra e o agradecemento á Terra Nai polos seus alimentos. É unha ofrenda de lume ós deuses da natureza: á deusa nai, Terra, e ao deus pai, Sol, para que velen por unha  boa colleita. Esta fertilidade sacra e cósmica entre o ceo e a terra fai que a vida estale sobre os campos, primeiro en forma de flor e logo como froito.

Aínda que unha das ideas aceptadas é que se remonte aos romanos ou a alta idade media, a principal teoría a identifica cunha orixe celta afirmando que garda relación con outras das súas festas, que se estenden por unha multitude de rexións europeas con ditas raíces celtas.

Cartaz

15-LUMEPÁN_cartaz II Concurso Audiovisual ANPAS Galegas - Somos Rural 2024

Galería de imaxes

Video