Poñer en valor a riqueza cultural galega é un dos piares que sustentan a nosa escola. Achegar ás crianzas á lingua e ás tradicións está presente cada día nas nosas aulas. Sabemos que nós, como profesorado, temos nas nosas mans o poder de manter viva unha cultura que ás veces parece quedar parcialmente relegada ao fenómeno da globalización.
Ao longo deste curso estamos traballando o Proxecto Educativo “Sementando valores, o valor de sementar”, co cal perseguimos o achegamento do alumnado ao horto, aos procesos de semente e coidado das prantas, sen perder de vista o crecemento emocional individual e o sentimento de pertenza ao grupo. Por iso, cando o proxecto de Somos Rurais chegou aos nosos oídos, non quixemos perder a oportunidade de participar, posto que coincide co noso obxectivo anual e a longo prazo.
O tema do proxecto era moi amplo, polo que tivemos que acotalo, concretar e entrar os nosos esforzos e os do noso alumnado. Decidimos enfocalo cara ao patrimonio oral tan marabilloso que temos vencellado á agricultura, especialmente aos aparellos de labranza.