O PROXECTO GAÑADOR É…

Proxecto “Ferrol, máis rural do que pensas.”

  • Título: “Ferrol, máis rural do que pensas.”
  • Centro: IES Concepción Arenal
  • Curso : 4º ESO – 1º BAC
  • Persoa de Contacto: Fernando Jesús Martínez Yáñez

Memoria

¿Un instituto urbano do mesmo centro de Ferrol apuntándose a un concurso “Somos Rural”? Pois Si, porque Ferrol é mais rural do que pensas, ademáis do casco urbano ten moito rural nas parroquias do termo municipal, non sempre ben coñecido pola propia cidadanía. Queremos aproveitar esta ocasión que nos brinda o concurso para dar a coñecer:

  • Un monte veciñal: a xestión comunitaria do territorio, a posta en valor do patrimonio arqueolóxico do monte (mámoas), o coidado da biodiversidade, a gandería extensiva con cabalo galego de monte para previr incendios.
  • As parroquias rurais: O patrimonio etnográfico, a agricultura familiar como complemento de economías encamiñadas ó coidado da vida e do entorno.
  • A necesidade de ruralizar a cidade: As hortas comunitarias do barrio de Canido, exemplo de como facer máis habitables as cidades, xerando  comunidade en torno a proxectos moi necesarios se queremos cidades  sustentables á medida das necesidades das persoas.

Baixaremos dende os montes que rodean Ferrol ós vales das parroquias rurais, chegando ás lindes da cidade coa idea común de destacar os valores do Rural:  Comunidade, autosuficiencia alimentaria, calidade de vida, sustentabilidade.

Cartaz

06-FERROL, MÁIS RURAL DO QUE PENSAS_Cartaz II Concurso Audiovisual ANPAS Galegas - Somos Rural 2024

Galería de imaxes

Video