Proxecto “A cultura da auga. As lavandeiras”

  • Título: “A cultura da agua. As lavandeiras.”
  • Centro: CEIP OS CASAIS
  • Curso : 3º, 4º, 5º e 6º de primaria
  • Persoa de Contacto: María José Vila Barreiro

Memoria

Auga fría da ribeira,
auga fría ca baña o sol.
Sete fundas, un xubón
e a roupa para secar.
E a roupa para secar
prendida o meu corazón.

Na maior parte da Galiza e até ben entrado o século XIX as mulleres lavaban a roupa no río, aos poucos foron construíndose os lavadoiros, primeiro nas cidades e posteriormente no rural.

Os lavadoiros eran espazos comunitarios completamente feminizados e  importantes núcleos de socialización durante a primeira metade do século XX: un punto de encontro das mulleres das clases populares que servían para lavar a roupa da propia familia, das casas onde traballaban de “criadas” ou, como é o caso das lavandeiras da nosa contorna, para lavar a roupa dos militares e das casas ricas de Ferrol.

Un oficio tradicional de grande dureza física onde as lavandeiras estaban  practicamente empapadas durante as longas xornadas de traballo. Catarros,  pulmonías, reuma, bronquites, frieiras, entre outras doenzas, eran as  consecuencias producidas polo frío e a humidade na súa saúde. A diferenza do que ocorría nos traballos que desenvolvían os homes o esforzo das lavandeiras non se vía recompensado nun maior salario.

Cartaz

18-culturadaauga_aslavandeiras_cartaz II Concurso Audiovisual ANPAS Galegas - Somos Rural 2024

Galería de imaxes

Video