Proxecto “Somérxete no rural.”

  • Título: “Somérxete no rural”.
  • Centro: CEIP Fondo Nois
  • Curso: 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria
  • Persoa de Contacto: María de Gracia Quiroga Labrada

Memoria

Con este proxecto queremos transmitir a idea de que o rural é divertido: ás veces o máis próximo vólvese invisible e non é valorado nin aproveitado, aínda cando é a forma máis sa e accesible de entretemento para os que vivimos en aldeas e pequenas vilas e moitas veces envexado polos habitantes das cidades.

Ao mesmo tempo opinamos que coñecer o noso entorno e patrimonio cultural nos fai medrar de forma harmónica, sentindo curiosidade e agarimo polo pasado para gozar e coidar o presente e tentar preservar para o futuro.

O noso colexio atópase rodeado de prados, cabalos, camiños, praias, flores, rías… aos que facemos saídas de forma habitual durante o curso.

Cartaz

proxecto 15_Cartel promocional Somérxete no rural. CEIP FONDO NOIS

Galería de imaxes

Video