En xullo de 2022 O Courel foi asolado por uns lumes que se definen de sexta xeración, capaces de xerar tormentas de lume. As aldeas foron protexidas polos soutos que arrodean as aldeas. A ordeación territorial tradicional salvou as aldeas. Porén a paisaxe calcinada deixou o descuberto patrimonio etnográfico e natural esquecido, ben porque as xeracións marcharon ben por falta de relevo xeracional.
A imaxe tomada por Guillermo Díaz Aira, biólogo monfortino, duns alvares que semellan a cara dun oso inspirou este traballo. Estaría todo o patrimonio recollido nalgún documento? Son moitas as parroquias que arderon pero
quixemos empezar polas aldeas onde vivimos. Démonos conta do enorme traballo que supón e comezamos pola aldea de Sobredo. A aldea de Alex Vidal Rodríguez.