Proxecto “Os pequenos samoneses”

  • Título: “Os pequenos samoneses”
  • Centro: CEIP de Samos
  • Curso : Primaria
  • Persoa de Contacto: Noelia Pillado Fraga

Memoria

Samos é un concello da comarca de Sarria, cunha superficie de 136,77km2 e 1.202 habitantes. Está dividido en vinte e catro parroquias, que son: Castroncán, Estraxiz, Formigueiros, Freixo, Frollais, Gundriz, Loureiro, Lousada, Montán, Pascais, Reiriz, Renche, Romelle, Samos, San Cristovo de Lóuzara, San Cristovo do Real, San Mamede do Couto, San Martiño do Real,  San Xil de Carballo, San Xoán de Lóuzara, Santalla, Suñide, Teibilide, Zoo.
A orografía é rica en matices. As incribles e magnificas serras, contrastan os profundos vales cos seus montes, pradarías e rede fluvial. O clima presenta grandes contrastes con veráns suaves e invernos fríos, húmidos e con neve nas cotas altas. A vexetación que domina é de tipo atlántico de interior e a súa gran diversidade convérteo nun escenario inigualable para os amantes da natureza. As árbores máis destacadas son os carballos, os castiñeiros, os bidueiros, os acivros, os sabugueiros e os piñeiros. Ademais hai que resaltar a presenza dun ciprés milenario, considerado unha das árbores monumentais de Galicia. Atópase situado xunto á chamada Capela do Ciprés, unha pequena ermida do século IX.

Cartaz

Proxecto 11_Cartaz_pequenos samoneses somos rural anpas galegas

Galería de imaxes

Video