Este proxecto nace no marco do I Concurso Audiovisual de Anpas Galegas: “Somos Rural”. Participar neste concurso supuxo para o alumnado de terceiro ampliar coñecementos sobre a súa vila, valorar o seu contorno, gozar traballando de forma cooperativa e divertirse falando en galego.
Este vídeo está diseñado como un xogo de pistas onde o alumnado ten que atopar o paradoiro da mascota do colexio, Don Mexillón. As diferentes pistas que van atopando están encamiñadas a dirixir ao alumnado á Torre de Cálago. Desta maneira invitan a xogar á persoa espectadora tentando descubrir onde se pode atopar Don Mexillón.