Esta equipa elixeu unha temática relacionada coa posta en valor das vantaxes do Concello de Curtis como lugar de residencia. Un lugar de forte tradición rural centro xeográfico da Galicia Norte e que posee equipamentos e infraestructuras de alta calidade que á súa vez respeta e potencia a súa forte
tradición agrogandeira. Noutras palabras, unha bisbarra rural que demanda standares de vida da maior calidade.
Este grupo de alumnas realiza un video onde se reduce a participación da actriz principal para dar cabida a diversos coprotagonistas compañeir@s. Acádase así un video moi axil e dinámico donde impera o optimismo e a creencia de que Curtis é verdadeiramente un “bo lugar para vivir”. Igualmente, dos carteis realizados polos equipos destacamos o feito por esta mesma equipa, que se adxunta a continuación. Del entendemos conxuga dentro da dinámica dunha paisaxe rural atravesada por unha vía ferrea (símbolo característico definitorio do nacemento da vila de Curtis) que nos leva á un fondo de luz e natureza (unha árbore). E sobre ella un texto ao seu redor : “DECISIÓN
INTELIXENTE”. Pero que decisión intelixente se pretende reflectir: – Pois a decisión intelixente de apostar polo rural Curtis, a decisión intelixente de
residir nun concello que está a 30 minutos de A Coruña, Lugo e Santiago.