Este é o vivir no noso rural do interior de Galicia. É tempo de afrontar os retos que xurden e romper con calquera tipo de exclusión social, económica ou cultural, aproveitar os recursos do medio natural que temos e comprometerse coa infancia nas zonas rurais con cambios lexislativos, creatividade nas propostas e políticas de participación.