Proxecto “Descubrindo Curtis”

  • Título: “Descubrindo Curtis”
  • Centro: IES de Curtis
  • Curso: 3º ESO
  • Persoa de Contacto: Xosé Isidro Doporto Santos

Memoria

Esta equipa decidiu que o humor fose a liña predominante na posta en  coñecemento de aspectos do rural tópicos e típicos para moitos dos turistas urbanos que nos visitan. A falta de presa nas tarefas, o nome dos lugareños, unha volta en tractor, o ruido… son aspectos do rural sacralizados polo turista urbano que, insitimos, son tratados con humor polo noso equipo.

Este grupo de alumn@s realiza un vídeo onde se potencia a participación dunha soa actriz a cal mostra unhas altas dotes escénicas.
Propúxose a realización dun vídeo con humor pero á vez que reflectise as vantaxe desta bisbarra e así xurdeu a historia que conxuga graciosamente sentimentalismo co choque que para un residente urbano pode representar o contacto co rural. Buscáronse diversas alternativas ata acadar o famoso video do grupo PANTOMINA FULL sobre o turismo rural. Sirveu este video así como base e referente para a realización para a entrevista.

O video foi grabado dentro do perímetro do IES pero agregando fotografías e textos de elaboración debatida polo alumnado. A súa montaxe realizouse no programa Canva. Na nosa opinión o mellor do vídeo é a ambivalencia entre realidade e ficción humorística (con inclusión mesmo de referencias á RTVG) que o convirten nunha historia de dubidosa fantasía real.

Cartaz

Prox03_cartaz_ Descubrindo Curtis_IConcursoAudiovisualANPASGalegas2023

Galería de imaxes

Video