Un mundo rural vivo, de casas de labregos a granxas leiteiras, unha maneira diferente de traballar.
O proxecto que queremos presentar o alumnado de 3º A do CEIP de Casás (Lugo) versa sobre a visualización e eliminación de estereotipos sobre o traballo no campo, concretamente sobre a gandería bovina.
Queremos presentar todo o traballo, os coñecementos necesarios e todo o esforzo que hai detrás desta profesión, profesión ata o día de hoxe desvalorizada. Pretendemos mostrar a complexa realidade que implica este traballo (instalacións, densidade, benestar animal, manexo, informatización, forraxes, auga, sistemas de produción, servizos de veterinaria, podoloxía… para así eliminar pensamentos obsoletos de atraso rural.