Proxecto 22: “O teu pasado, o meu presente”

  • Título: “O teu pasado, o meu presente”
  • Centro: CEIP Eduardo Cela Vila
  • Curso: Educación Primaria
  • Persoa de Contacto: Alejandro González Méndez

Memoria

Este proxecto pretende pór en valor a importancia das persoas que viviron o pasado no rural. Un pasado creador e modulador deste presente ó que hoxe en día nos enfrontamos. Así pois a acción emerxe no CEIP EDUARDO CELA VILA, situado nun pequeno alto nas saias do Monte Oribio, en Triacastela.

Neste municipio da Montaña Lucense a vida pasa máis amodo, transcorrendo ó son do piar dos paxaros, do muar das vacas e do correr do vento. As conversas xiran arredor dos partos naturais do gando, do temporal de neve que cinguiu de branco o noso concello, dos peregrinos que día tras día amosan o seu abraio ó contemplar os encantos da zona… os problemas do mundo exterior non semellan ter cabida no ciclo vital dos habitantes de Triacastela.

Cartaz

Proxecto 22_cartaz_O TEU PASADO, O MEU PRESENTE

Galería de imaxes

Video