Proxecto 18: “Alén da tradición e a tradición na lenda”

  • Título: “Alén da tradición e a tradición na lenda”
  • Centro: IES Antón Alonso Ríos
  • Curso: ESO-1º BAC-FP GRAO MEDIO
  • Persoa de Contacto: David Vale Díaz

Memoria

O noso proxecto tratará de poñer en valor o patrimonio inmaterial do Baixo Miño. En concreto, afondaremos na importancia da tradición oral e na  transmisión interxeracional da mesma. Para isto seleccionaremos localizacións directamente vencelladas coas lendas locais.

A fin de destacar a tradición común existente nesta comarca faremos un  percorrido á beira do Miño cruzando distintos concellos. Non podemos deixar de lado nesta andaina o noso veciño Portugal, co que compartimos non só séculos de historia senón unhas tradicións que perviven aínda hoxe.

Poñeremos o foco no noso rural como salvagarda da tradición e o noso  alumnado como parte fundamental na divulgación da mesma. Este traballo  será realizado polo alumnado que forma parte da equipa de Dinamización da  Lingua Galega do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño (a partir de aquí, EDLG).  Grazas a isto, implicaremos a un amplo número de cursos e grupos. Todos eles poderán contribuír coas súas achegas persoais e familiares ao contido deste  documento.
audiovisual.

Cartaz

Proxecto 18_Cartel Alén da tradición e a tradición da lenda

Galería de imaxes

Video