Proxecto 2: “Negreira, o que temos e non vemos “

  • Título: “NEGREIRA, O QUE TEMOS E NON VEMOS”
  • Centro: IES XULIÁN MAGARIÑOS
  • Curso:  1º E 2º DE FP BÁSICA DE SERVIZOS COMERCIAIS
  • Persoa de Contacto:

Memoria

O alumnado de FP Básica presenta unhas características específicas que fan
imprescindible vincular a súa aprendizaxe coa súa contorna real. Trátase de alumnado moitas veces desmotivado e con poucas perspectivas de manterse no sistema educativo, polo que consideramos necesario introducir elementos motivadores conectados co currículo académico. Se a isto engadimos un centro ubicado nunha vila pequena, nun entorno rural marcado polo envellecemento e a despoboación, faise tamén imperativo buscar unha vinculación desta rapazada co seu medio, unha vinculación que os leve a coñecelo, querelo e respectalo, dándolles así unha base afectiva para a súa fixación ao territorio.

É por iso que este curso o profesorado dos grupos de 1º e 2º de FP Básica de  Servizos Comerciais do IES Xulián Magariños decidimos organizar un  proxecto de aprendizaxe e servizo que servise para poñer en valor o patrimonio, moitas veces descoñecido, existente no concello, referíndoo de forma específica ao tramo do camiño de Santiago a Fisterra que atravesa polo mesmo.

O alumnado escolleu para este proxecto o nome de Negreira, o que temos e non vemos, e realizou diversas actividades para primeiro coñecer e despois axudar a divulgar este patrimonio. Así xurdiu, dentro do gran proxecto inicial, este outro proxecto que imos describir, e que consideramos que polas súas características encaixa perfectamente no espírito da convocatoria ”Somos rural”: Un roteiro polas casas da nosa vila.

Cartaz

Proxecto 02_cartel_NEGREIRA O QUE TEMOS E NON VEMOS

Galería de imaxes

Video