30 Xan Somos Rural
Publicado 17:03h
en
Marta Dacosta Alonso
hai un morcego extraviado esta tarde
como a mancha de luz que deixou
o esquivo merlo acuático
eu observo a danza descompasada da lavandeira
e os cirros que debuxan no ceo o perfil do río
un can corre en silencio entre os albelos
aínda
a vida