Colaboración 29 - Eu si, e ti_10._eu_si_e_ti_baia_fernandez_de_la_torre

Eu si, e ti?

Baia Fernández de la Torre.

Que es sen as follas?

Dime, que es?

Que es sen o ar?

Dime, que es?

Que es sen os regatos que inundan as brañas?

Dime, aínda dime! Que es?

Es xofre e asfalto envolto en nubes de intelecto caduco?

Es monóxido,

ignorancia vocacional en suspensión que cobre as

cacholas de portas fechadas e cloacas abertas polas que

entre máis estrume do que sae?

Aquí, sabes? Co estrume facemos abono e producimos

alimentos sabrosos para o padal e o intelecto.

Aquí aprendemos cada día unha cousa para calmar a

sede de saber. Para a outra sede temos fontes,

mananciais de auga cristalina onde podemos vernos

reflectidas e xurarnos volvernos ollar.

Din que aquí a vida vai a outro ritmo, mais non é así. A

vida de verdade só ten un ritmo e é este, todo o demáis é

tan só morrer.

Eu son rural, e ti?