A Confederación de Anpas Galegas convoca o II Concurso Audiovisual “ANPAS GALEGAS – Somos Rural” (en adiante o “CONCURSO”).
O CONCURSO é gratuíto e participar non implica custo ningún.
Convocamos o II CONCURSO AUDIVISUAL ANPAS GALEGAS SOMOS RURAL coa intención de seguir contribuíndo a que os centros escolares mostredes toda a riqueza que ten o noso rural e sigamos poñéndoo en valor entre todas e sobre todo entre o alumnado galego.
O eixo central do CONCURSO será a realización dun vídeo de entre 1 e 3 minutos de duración (de 60 a 180 seg.), que se entregará acompañado dun mínimo de 8 e un máximo de 10 fotografías de temática relacionada, así coma dun cartaz promocional e unha memoria explicativa. (En adiante referímonos a estas obras requiridas como o “PROXECTO”).
O PROXECTO versará sobre calquera aspecto do patrimonio material ou inmaterial rural galego que a equipa participante desexe valorar, preservar e difundir. Non é intención deste concurso converterse nunha plataforma de denuncia das necesidades ou abandonos aos que sabemos que está exposto o rural galego. Máis ben ao contrario, pretendemos PROXECTOS en positivo, que poñan na palestra o que temos que ofrecer e compartir, e aquilo que cómpre redescubrir e poñer en coñecemento da cidadanía galega. Trátase de poñer en valor o noso patrimonio.
A solicitude de participación formalizarase mediante unha preinscrición, polo que se define o periodo de preinscrición do 10 ao 25 de novembro de 2023, ámbolos dous incluidos. Unha vez aceptada a solicitude, o prazo para a presentación dos proxectos abrangue dende o 30 de novembro até o 30 de marzo de 2024, ámbolos dous incluídos.
O ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia, coa limitación de que os participantes estuden nun dos centros recollidos no punto 2.2 das presentes bases legais.
Os requisitos para a aceptación dos PROXECTOS neste concurso son:
Para participar cada equipa deberá realizar unha preinscrición no formulario correspondente e nos prazos marcados pola organización, na que se indicarán os datos de contacto da equipa, o título do proxecto e unha breve memoria de máximo de media páxina tamaño A4, tamaño 12 de letra Times New Roman, interliñado 1,15, por unha soa cara, na que se describa o proxecto a executar.
A preinscrición realizarase no formulario “PREINSCRIPCIÓN” que atoparedes na web https://somosrural.anpasgalegas.gal
Unha vez que a organización considera a preinscrición apta, cada equipa enviará toda a documentación a través da web https://somosrural.anpasgalegas.gal,cubrindo o formulario correspondente e incorporando a totalidade do PROXECTO.
O vídeo será requirido en dous formatos:
O xurado deste premio estará composto polas persoas que ostenten a presidencia das Federacións asociadas á Confederación ANPAS GALEGAS e máis pola persoa que ocupe a presidencia da mesma. No caso de coincidir a presidencia da Confederación coa dunha das Federacións asociadas, esta Federación nomeará a outra persoa como representante no xurado.
Cada persoa do xurado baremará do 1 ao 5 cada proxecto, o gañador será o que máis puntos acade.
O xurado valorará especialmente:
A Confederación Anpas Galegas resérvase o dereito a eliminar do concurso aqueles PROXECTOS que induzan, inclúan ou teñan relación directa ou indirecta con calquera tipo de violencia, que introduzan valores contrarios á igualdade, á participación democrática plural, ou á atención á diversidade. Igualmente rexeitaranse aqueles PROXECTOS que, directa ou indirectamente, fagan publicidade de calquera tipo de marca ou negocio, igualmente rexeitaranse aqueles que teñan a intención de expoñer os valores dun centro escolar concreto.
A Confederación Anpas Galegas resérvase o dereito a realizar cos PROXECTOS participantes as actividades de difusión e presentación que considere interesantes para a defensa do Ensino Rural Galego; comprometéndose a citar, e mesmo a invitar, ás persoas que xestaron o PROXECTO do que se fai mención, sempre dentro da voluntariedade da súa participación.
As equipas participantes cédenlles á organización os dereitos sobre todas as obras presentadas e, en particular, os dereitos de comunicación pública, distribución, reprodución e transformación, polo tempo legalmente previsto e para a súa utilización de forma non exclusiva en calquera formato ou medio, sen dereito a percibir por iso contraprestación algunha.
Igualmente, comprométense a facilitar á ORGANIZACIÓN todos os permisos de exhibición e publicación das obras presentadas, acreditando que existe a autorización, facilitada polos responsábeis das persoas menores de idade, para a difusión das imaxes de cada participante no vídeo, ou de que apareza dun xeito identificado nas fotos.
A participación neste concurso implicará a cesión absoluta e indefinida das obras presentadas, que pasarán a ser propiedade exclusiva da Confederación Anpas Galegas, quen adquirirá o dereito pleno a súa utilización en calquera actividade ou medio de difusión que esta Confederación puidera realizar.
En cumprimento do previsto na normativa vixente en materia de protección de datos, a organización, como responsable do tratamento, informa que os datos persoais facilitados a través do formulario de inscrición serán tratados coa única finalidade de xestionar a participación no CONCURSO, contactar coas persoas gañadoras e xestionar a entrega do premio.
A base xurídica do tratamento dos datos é o consentimento outorgado expresamente ao inscribirse no concurso e, de ser o caso, a interese lexítima.
Os datos persoais poderán ser comunicados a terceiros prestadores de servizos cos que subscribísemos o correspondente acordo de acceso a datos na medida en que dita comunicación resulte necesaria para poder garantir o desenvolvemento do concurso. En calquera caso, adoptaranse as medidas legais e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos.
Os datos solicitados conservaranse durante o prazo necesario para o cumprimento das finalidades descritas, así como, no seu caso, polo tempo necesario para o cumprimento das obrigas legais que corresponden ´`a organización.
A organización adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Deberase notificar á organización calquera modificación que se produza nos datos persoais facilitados, respondendo os responsables en calquera caso da veracidade e exactitude dos datos fornecidos en cada momento. Os ORGANIZADORES resérvase sen prexuízo doutras accións que puidesen corresponderlles, o dereito a non conceder ou retirar o premio a quen facilite datos falsos ou incompletos.
As/os participantes, así como calquera outro terceiro cuxos datos sexan facilitados a través do formulario de inscrición no CONCURSO poderán exercitar os DEREITOS de OPOSICIÓN, ACCESO, RECTIFICACIÓN, LIMITACION, SUPRESIÓN E PORTABILIDADE mediante escrito dirixido a Confederación ANPAS Galegas, Rúa de Estocolmo, 8, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña acompañando fotocopia de DNI ou no seu defecto documento que acredite a súa debida identidade ou ben con carácter previo solicite que lle sexan remitidos os impresos dos que o responsable do tratamento dispón. No caso de que non estea conforme co tratamento dos seus datos poderá dirixir as súas reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6 – 28001 Madrid.
A organización resérvase o dereito de suspender, ampliar ou modificar este concurso e mesmo a súa posible anulación sempre que exista unha causa xustificada, e comprométense a comunicar con antelación suficiente as novas bases, condicións ou, se procede, a anulación definitiva do concurso, sen que isto comporte ningún tipo de responsabilidade para a organización nin indemnización para os participantes.
A organización resolverá calquera incidencia que poida producirse e a súa decisión será irrevogable.
A organización resérvase o dereito de deixar fóra do concurso ás/ós participantes que fagan un uso abusivo ou fraudulento destas bases legais ou que non cumpran algunha das condicións aquí establecidas ou non acepten o contido.
A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases, así como o criterio da organización en canto á resolución de calquera interpretación das mesmas.