Novas

SOMOS RURAL, SOMOS DEPORTE

Unha das nosas federacións, a FAPACEL, está a organizar unhas xornadas de promoción do deporte no rural, "SOMOS RURAL, SOMOS DEPORTE". A necesida da páctica do deporte e a súa presenza nos currículos escolares e na vida diaria é algo indiscutible por todo o que aporta á saúde e ao desemvolvemento das nenas e nenos. Desgrazadamente outra das eivas do rural e a falta de rapazada, que impide poder organizar a meirande parte das actividades deportivas.

CONCENTRACIÓN EN CERVANTES CONTRA A SUPRESIÓN DO PROFESORADO DE INFANTIL

No 2012 suprimiron a praza de profesor especialista de infantil, iso fixo que tomáramos conciencia da fraxilidade dos servizos públicos e da futilidade dos criterios que aplica a administración. É moi sinxelo: pouca poboación, poucos servizos. Tristemente a ninguén lle interesa o rural, somos poucos votos e non vale a pena investir aquí. Estamos fartas de repetir que a educación é o futuro do país, que a especialidade de infantil é a base da formación das nenas e nenos e que non valen parches. Eles son o máis importante e todo o sistema educativo ten que xirar o seu redor.

CAMPAÑA DE APOIO AO COLE DE BAAMONDE

Dende a Federación  de anpa de Lugo, como unha campaña común coa Confederación , á que pertencemos ANPAS GALEGAS iniciamos unha campaña  nas redes sociais de apoio á Anpa de Baamonde que loita contra o peche do seu colexio.

O compromiso pola defensa do ensino público é a razón de ser tanto da Federación coma da Confederación e iso leva consigo irremediablemente a defensa dos colexios do rural e por extensión de todo o mundo rural.

REXEITAMOS, OUTRA VEZ E SEMPRE, O PECHE DO COLEXIO DE BAAMONDE

Dende ANPAS GALEGAS recibimos a noticia do peche do colexio de Baamonde cunha absoluta  incredulidade e rexeitamento. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai pechar un centro que ten un alumnado de 30 nenos e nenas, e vai condenar a unha zona rural á súa desaparición por unha razón falsa do alcalde do lugar, e por un interese exclusivamente orzamentario da administración autonómica.