colaboración 21- Visuña_visuna_folgoso_do_courel

Visuña

Vicente Reboleiro

Visuña sempre amada
fermosa no presente
e na lembranza!
Cimadevila, Aldea,
Céramo, Reibarba, Airexa
que cinco grandes bairros
que casas de pedra vella

que xente tan boa
da nobre estirpe labrega!
Patio dos bolos, calellas
hortas, leiras, presas…
De Ferramulín polo antigo camín
no mulo o correo levaba
cuando rapacín…
De Ferramulín a Visuña
polo antigo camín!
Pacen as vacas
nos prados vizosos, fartas
polo silencio abrazadas
pacen as vacas no Courel
das montañas!
Nesta aldea
xoga e medra
unha nina
xoga e medra,
feliz, Antía
que alegría!
E hai cais e cabalos e rabaños…
Inda perviven en Visuña
os labregos traballos!
Visuña de Santa Eufemia
brava e rural Terra
resiste, Aldea galega!