SOMOS RURAL, SOMOS DEPORTE

Unha das nosas federacións, a FAPACEL, está a organizar unhas xornadas de promoción do deporte no rural, "SOMOS RURAL, SOMOS DEPORTE". A necesida da páctica do deporte e a súa presenza nos currículos escolares e na vida diaria é algo indiscutible por todo o que aporta á saúde e ao desemvolvemento das nenas e nenos. Desgrazadamente outra das eivas do rural e a falta de rapazada, que impide poder organizar a meirande parte das actividades deportivas. Esta falta de nenas e nenos no pode ser xustificación para que estas crianzas non teñan as mesmas oportunidades que calquera nena ou neno galego. Temos que intentar que o ensino no rural, no seu máis amplo senso, sexa garante de calidade.

Tipo: 
Nova