REIVINDICACIÓN CEIP AREOUTA

Mañá reivindicativa en Sardiñeiro. A Consellería de Educación reduce a tan só dúas unidades o CEIP Areouta, xuntando así a 17 crianzas de 1° a 6° de primaria.
Entende a nosa Consellería que a Educación é un gasto. As familias entendemos que a Educación é un investimento . Non se inviste saturando aulas, ampliando ratios aínda en tempos de pandemia e eliminando postos de traballo.
Unha vez mais presenciamos o desmantelamento de servizos públicos no rural, e logo éncheselle a boca con eslógans e promesas que para nada coinciden coa realidades que estamos a vivir no rural galego en xeral e na Costa da Morte en particular.
Xa o dicían claramente os carta es que paseamos por Sardiñeiro esta mañá: " Se recortas en Sanidade e Educación non tes perdón ", " Se o rural queres manter non me veñas a joder etc.. "
Reivindicaremos sempre un ENSINO PÚBLICO GALEGO DE CALIDADE E QUE NON SE XOGUE COS DEREITOS DOS NOSOS NENOS E NENAS!!
Tipo: 
Nova