Poema: Fogar esquecido

Amalia Méndez

Mira este monte vello,
este alboio desdentado,
este teito afurallado.

Foi a batalla contra o tempo,
a que perdeu o meu fogar,
tan fermoso un día,
tan quedo agora,
o reloxo detívose no vento
que peina as herbas que abrazan o meu fogar,
o meu fogar querido!!

Xa ningúen se asoma a pequena fiestra,
ningún rostro soña cos atardeceres vermellos
que se pousan nos meus ollos de bico.

Quen te amará,
miña casiña,
quen a repousar virá agora que o meu corazón non respira!!

Un anaco de min aínda che fala dende as paredes derruidas!!
Quen virá a traerche frores e quentar a túa lareira esmoecida!!
O meu canto aínda acaricia a adormecida tarde ,
mentras ti lates baixo sol brilante desta primaveira lívida!