colaboración 03 - O SENDEIRO QUE LEVA Ó RURAL_sendeiro

O sendeiro que leva ó rural

Esther Díaz López.

Quero ir na túa procura…buscar en tí, mil razóns para quedar…botar raíces na terra que me pariu…repousar na memoria dos meus antergos…

Quero ir na túa procura…sementar soños nas leiras produtivas…enché-lo valeiro das rúas…malla-lo centeo na eira…que volten os nenos a ergue-la escola…mudala pizarra pola internet…

Quero ir na túa procura…brincar nas festas do verán…asalas castañas no magosto…secalos chourizos na Lareira…olla-lo inverno detrás da xanela…

Quero ir na túa procura…debuxar un futuro que sexa posible…ser ceibe na inmensidade…tinguí-lo Rural de esperanza…