III XORNADAS DE ANPAS GALEGAS NO RURAL : A ARTE DE APRENDER, DE EDUCAR E DE VIVIR NO RURAL

A Confederación ANPAS GALEGAS organizamos  as “ III XORNADAS DE ANPAS GALEGAS NO RURAL” . Con estas xornadas queremos, unha vez máis, poñer o foco no ensino rural. Nesta edición imos falar da FP vinculada ao rural, da importancia do modelo CPI, de escola solidaria e tamén da difusión da cultura e da artesanía.
Pretendemos que sexa un lugar de diálogo e de encontro, é preciso falar do ensino público no rural dende diferentes temáticas e puntos de vista.  Entre todos temos que ser quén de ir atopando solucións para un rural que esmorece.

Sábado 19 de febreiro de 2022

 Quindós-Vilela (Navia de Suarna)

É preciso inscribirse antes do 14 de febreiro no seguinte enlace, temos un aforo limitado:

https://forms.gle/MnFgKxPgD8Gb4K2aA

Tipo: 
Nova