Galiza

Mª Carmen Rey Núñez

Na brancura do teu leito
agromou o azul do ceo,
para se pousar nel
unha habelenciosa estrela.
Conformando a bandeira
que distingue á nosa terra.

Galiza agromaches pura,
que ninguén lixe o teu celme
con linguas asoballantes
con sabedorías ermas.
Teu falar é melodía
Para oriúndos e estranxeiros.
Algúns loitan por matalo,
Abofé que non o entendo!
A nosa fala é a embelga
Que nos distingue do resto.
O son máis harmonioso e sublime
De cantos ouvín sobre a terra.
Un tesouro que coidar,
alfaia alén dos tempos.
Galiza:
Nai da raza máis digna
que mora baixo as estrelas.
(25 de Xulio de 2018)

Tipo: 
Colaboración