Ensinar e aprender no rural

Ana Vila Portomeñe, poeta labrega (Taboada, Lugo)

Onde os pés non perden os soños e as ilusións non teñen presa, chámolle vida. Esa é a vida que me ensinou a natureza, a que aprendín na aldea e que o longo do tempo me amosaron as horas, horas que non andan a contrarreloxio.

No rural, brilla a luz máis natural, cada alento atopa sorrisos, os bicos do sol xúntanse camiñando coa choiva e a lúa entra polas ventas para acompañar soidades.

Ensinar dende o rural fai sinxela humanidade e da a tranquilidade dunha liberdade que respeta e valora. Tamén da valores infinitos que son verdadeiros legados.

Aprender no rural mostra que hai alma en cada man e en cada ollada, para que pensamento sexa tamén sentimento que perdura no seguir con boas maneiras e bos feitos.

O traballo no rural non descansa, pero toda persoa sabe que traballa descansada. O por qué?

Moi doado respostar, a vida no rural, é una vida, un ensino e un aprendizaxe que se escreve sen final, somente o libro do día a día ten as respostas. Respostas que engrandecen.

Un patrimonio paisaxístico, popular, monumental e cultural forma parte do noso rural galego.

Onde se vai ensinar e aprender mellor ca no propio medio.

 

Tipo: 
Colaboración